Como xa vos dixera no anterior post, hai dous factores nunha balanza que son os que en nós deciden si damos ese paso que nos leva da potencia ó acto:
Por unha parte está A MOTIVACIÓN que non é outra cousa que o interese que nos move ós individuos a facé-las cousas; Levantarse da cama para traballar porque nos gusta o que facemos ou porque necesitámo-los cartos, axudar a un veciño coa compra porque él non pode ou para ter unha relación cordial e agradable. Detrás de todo acto existe unha motivación, e estas son de diversa índole, pero todas xeran a enerxía suficiente como para dar ese pasiño.
A outra pesa da balanza é O CUSTO DA PARTICIPACIÓN (formado polo custo de oportunidade, que é como se chamaría en economía ao valor da opción de "non facer nada" e máis o custo "enerxético" de participar, e dicir, o esforzo que ten que facer a persoa para participar activamente na evolución da sociedade, para que se asemelle máis á sua idea de benestar). ¿Que é o que teño que facer para participar? ¿Compénsame, meréceme a pena o esforzo? ¿saio ganando ou perdendo?. Estas valoracións son a pesa (o simil venme ó pelo, porque é o que "frena" á motivación) nesa balanza que decide si actuamos ou non. O próximo día dareivos algun exemplo e plantexarei como se pode mellorar nestes dous aspectos. Un saudo a tod@s!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario