jueves, 3 de septiembre de 2009

Do incremento da participación; Exemplos e Conclusións.

Moitas son as razóns para poteciar este campo, e moitos os exemplos xa levados a cabo; A Organización horizontal nas empresas, os grandes exemplos das punteiras Microsoft e Google cos seus aportes libres de ideas entre a empresa e os traballadores, a propia tendencia da evolución da democracia cara a unha democracia máis participativa, sobre todo nos ámbitos municipáis das sociedades máis avanzadas, posto que para eso se creou a política municipal. Para interactuar coa cidadanía na toma das decisións.

É innegabable que incrementar a participación dos individuos dentro de calqueira grupo mellora a calidade das decisións, dalle maior valor ó grupo que a implementa como modo operativo, fai os individuos se sintan responsables das súas aportacións e reforza a sensación de pertenza a un ente maior co que o benestar social se ve mellorado.

José Ramón Sande Veiga.

P.D: Con este post termino unha serie de escritos sobre o porqué da necesidade de incrementar a participación. Espero que disfrutarades léndoos e que aportaran un pouquiño de luz sobre o tema. Unha aperta a todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario