lunes, 27 de julio de 2009

2.- A Motivación e o Custo de Participación.

Como xa vos dixera no anterior post, hai dous factores nunha balanza que son os que en nós deciden si damos ese paso que nos leva da potencia ó acto:
Por unha parte está A MOTIVACIÓN que non é outra cousa que o interese que nos move ós individuos a facé-las cousas; Levantarse da cama para traballar porque nos gusta o que facemos ou porque necesitámo-los cartos, axudar a un veciño coa compra porque él non pode ou para ter unha relación cordial e agradable. Detrás de todo acto existe unha motivación, e estas son de diversa índole, pero todas xeran a enerxía suficiente como para dar ese pasiño.

A outra pesa da balanza é O CUSTO DA PARTICIPACIÓN (formado polo custo de oportunidade, que é como se chamaría en economía ao valor da opción de "non facer nada" e máis o custo "enerxético" de participar, e dicir, o esforzo que ten que facer a persoa para participar activamente na evolución da sociedade, para que se asemelle máis á sua idea de benestar). ¿Que é o que teño que facer para participar? ¿Compénsame, meréceme a pena o esforzo? ¿saio ganando ou perdendo?. Estas valoracións son a pesa (o simil venme ó pelo, porque é o que "frena" á motivación) nesa balanza que decide si actuamos ou non. O próximo día dareivos algun exemplo e plantexarei como se pode mellorar nestes dous aspectos. Un saudo a tod@s!!

jueves, 23 de julio de 2009

1.- Aproximación sociolóxica á necesidade da participación cidadá

Hola a tódolos veciños e amigos. A coxuntura de crise que envolve a sociedade nestes intres enfatiza un dos aspectos que máis relevancia ten para nós no tocante á Participación: a desconfianza; A necesidade de que as cousas sexan seguras para poder facer un bo firme no que apoiarse e avanzar é un sentimento coñecido por todos. En política, se cabe, ésto é máis esaxerado pois confrontanse a aspiración de tratar de ser os mellores administradores das necesidades dos cidadáns coa presente mala imaxe que as administracións e a clase política en xeral rexenta. Un exemplo disto foi cómo se levou a cabo a campaña do Partido Popular nas Eleccións Autonómicas Galegas no 2009: Escasas ideas e moito "lixo" para embarrar a imaxe do contrincante; Dende logo hai algún sociólogo con mala baba detrás deste tipo de estratexias.
O próximo día falareivos dos dous aspectos que son relevantes a hora de participar; A MOTIVACIÓN e o CUSTO DA PARTICIPACIÓN. Un saudiño e espero as vosas aportacións!!

miércoles, 17 de junio de 2009

Imos a dar un salto

O título ía a ser "Imos dar un brinco". Pero hay unha gran diferencia entre brincar e saltar . Brincar é saltar pero sin moverse do sitio, o cal é totalmente o contrario do que queremos para este blog.

Este blog ten a intención de dar un SALTO CARA A DIANTE NA PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA, que sirva para expoñer as nosas inquedanzas nas cousas que se están a facer na cidade e tamén aportar todo aquelo que pensamos que debería facerse para millorala.
O pasado 15 de maio escomenzamos as reunións da Comisión de Participación do PSdG da agrupación local de Santiago, levamos catro reunións, e como resultado das mesmas naceu este blog coa intención de dar a coñecer o resultado dos traballos que estamos a realizar, e dar paso á participación de todos os que o desexen.

Na última reunión decídese ir clarificando as demandas que serán presentadas á Executiva da Agrupación Local, en nome da Comisión e estas son:

Entrega do “Protocolo de recepción da nova militancia”.

Obtención do compromiso, por parte dos Concelleiros e Concelleiras, de presentarse ante as asociacións de veciños para dar respostas as demandas presentadas (un formato de “Tengo una pregunta para usted”).

Presentación do Blog

Demanda de listas abertas, Considerando a comisión este punto un pilar básico da procura da participación,ou no seu caso, solicitude de Asamblea para que se abra debate sobre o tema.