jueves, 23 de julio de 2009

1.- Aproximación sociolóxica á necesidade da participación cidadá

Hola a tódolos veciños e amigos. A coxuntura de crise que envolve a sociedade nestes intres enfatiza un dos aspectos que máis relevancia ten para nós no tocante á Participación: a desconfianza; A necesidade de que as cousas sexan seguras para poder facer un bo firme no que apoiarse e avanzar é un sentimento coñecido por todos. En política, se cabe, ésto é máis esaxerado pois confrontanse a aspiración de tratar de ser os mellores administradores das necesidades dos cidadáns coa presente mala imaxe que as administracións e a clase política en xeral rexenta. Un exemplo disto foi cómo se levou a cabo a campaña do Partido Popular nas Eleccións Autonómicas Galegas no 2009: Escasas ideas e moito "lixo" para embarrar a imaxe do contrincante; Dende logo hai algún sociólogo con mala baba detrás deste tipo de estratexias.
O próximo día falareivos dos dous aspectos que son relevantes a hora de participar; A MOTIVACIÓN e o CUSTO DA PARTICIPACIÓN. Un saudiño e espero as vosas aportacións!!

2 comentarios:

  1. mais ca desconfianza, preocúpame a indiferenza. O meu galego non é moi bo, son arxentina, non falaría de desconfianza porque sería como abonar á idea da 'natural' desconfianza galega.O que nos está a matar é a indiferenza, en todolos ambitos. Chego tarde ó blog, caducou (é así??) a miña invitación á participación... E que para dixital, son aínda moi manual...

    ResponderEliminar
  2. non chegas tarde, de feito os que estamos tardando somos todos os demais que temos esto un pouco parado. Ánimo que hai que darlle un impulso a este blog.
    Fernando

    ResponderEliminar