lunes, 27 de julio de 2009

2.- A Motivación e o Custo de Participación.

Como xa vos dixera no anterior post, hai dous factores nunha balanza que son os que en nós deciden si damos ese paso que nos leva da potencia ó acto:
Por unha parte está A MOTIVACIÓN que non é outra cousa que o interese que nos move ós individuos a facé-las cousas; Levantarse da cama para traballar porque nos gusta o que facemos ou porque necesitámo-los cartos, axudar a un veciño coa compra porque él non pode ou para ter unha relación cordial e agradable. Detrás de todo acto existe unha motivación, e estas son de diversa índole, pero todas xeran a enerxía suficiente como para dar ese pasiño.

A outra pesa da balanza é O CUSTO DA PARTICIPACIÓN (formado polo custo de oportunidade, que é como se chamaría en economía ao valor da opción de "non facer nada" e máis o custo "enerxético" de participar, e dicir, o esforzo que ten que facer a persoa para participar activamente na evolución da sociedade, para que se asemelle máis á sua idea de benestar). ¿Que é o que teño que facer para participar? ¿Compénsame, meréceme a pena o esforzo? ¿saio ganando ou perdendo?. Estas valoracións son a pesa (o simil venme ó pelo, porque é o que "frena" á motivación) nesa balanza que decide si actuamos ou non. O próximo día dareivos algun exemplo e plantexarei como se pode mellorar nestes dous aspectos. Un saudo a tod@s!!

jueves, 23 de julio de 2009

1.- Aproximación sociolóxica á necesidade da participación cidadá

Hola a tódolos veciños e amigos. A coxuntura de crise que envolve a sociedade nestes intres enfatiza un dos aspectos que máis relevancia ten para nós no tocante á Participación: a desconfianza; A necesidade de que as cousas sexan seguras para poder facer un bo firme no que apoiarse e avanzar é un sentimento coñecido por todos. En política, se cabe, ésto é máis esaxerado pois confrontanse a aspiración de tratar de ser os mellores administradores das necesidades dos cidadáns coa presente mala imaxe que as administracións e a clase política en xeral rexenta. Un exemplo disto foi cómo se levou a cabo a campaña do Partido Popular nas Eleccións Autonómicas Galegas no 2009: Escasas ideas e moito "lixo" para embarrar a imaxe do contrincante; Dende logo hai algún sociólogo con mala baba detrás deste tipo de estratexias.
O próximo día falareivos dos dous aspectos que son relevantes a hora de participar; A MOTIVACIÓN e o CUSTO DA PARTICIPACIÓN. Un saudiño e espero as vosas aportacións!!