Comenzou onte, na capital de Galicia, unha nova edición do Festival Feito a Man. Este evento leva celebrándose dende fai nove anos na cidade compostelana gracias a labor da Asociación Cultural Cidade Vella que mostra cada ano as inquedanzas dos composteláns no campo da música (rock, pop, alternativa, jazz) e do teatro.
No programa da primeira xornada, estaban anunciadas as actuacións da banda compostelana Matto Grosso, os arxentinos Super Ratones e unha sesión de DJ a cargo de Andrés Villasenín.
Pero lamentablemente, o único protagonista da noite foi o novo rexidor da cidade, o excelentísimo Xerardo Conde Roa, que decidiu unha hora antes do comenzo, mandar uns pobres axentes da Policia Local a prohibir a Asociación Cultural vender alcohol nas barras do recinto despois de nove anos de non ter ningún problema o restrición con ese tema.
O rexidor, escudase no cumplimento da ley, en canto a que non se pode vender alcohol na rua. Pero olvidase que esto é un festival organizado por una asociación cultural da cidade, composta por empresarios da cidade, que dinamizan a poca oferta cultural que ofrece Santiago de Compostela como capital dun país grazas a actividades como o Feito a Man.
Era triste moi triste o ambiente vivido onte na Praza de Cervantes, sitio emblemático como fonte de cultura, e cuns axentes de policia que sentian vergoña da orden dada polo novo goberno municipal.
Os integrantes da asociación subiron tra-la actuación dos Matto Grosso a comunicar o numeroso publico (que non entendía nada) o motivo de que non se servise nada nas barras e de que houbera municipales por toda-la praza informando/intimidando sobor o posible delito a cometer si se consumía fora das terrazas. Por respeito ós músicos, desenvolveuse o programa da primeira xornada de igual maneira. A día de hoxe, A.C. Cidade Vella está negociando una salida para no ter que suspender o festival, xa que gracias as barras financiase os gastos que xenera un festival tan arraigado na cidade"