jueves, 4 de agosto de 2011

O alcalde do Pp de Santiago convértese no protagonista do primeiro concerto do Festival Feitoaman

Cópiovos o contido do bloge http://www.sinpausamgz.com/?p=1682 no se que se fai referencia a actuación directa do alcalde na celebración dun concerto. Dende logo non foi un traballo nada artístico o seu e choca directamente co traballo da asociación cultural.

O novo escenario que presenta o goberno popular impide, directa e indirectamente, que os promotores privados ou incluso a través da xestión pública poidan sequera plantexarse organizar eventos de índole cultural, pois a maior parte das veces a única contraprestación a podían obter a través do consumido en barra, ou resultaba fundamental para poder equilibrar a balanza de gastos e ingresos nun evento de certas dimensións.

É polo tanto unha nova problemática a que, a un mes xustiño do inicio do seu goberno, volve a plantexar aos hosteleiros (directamente) e á cidade de Compostela de forma xeral ao limitar máis se cabe as posibilidades de ofrecer unha oferta cultural diversa e coa intervención dos cidadáns e os pequenos empresarios santiagueses. Un novo despropósito que se pode sumar á policía montada do rural, aos parques cubertos (que en si é boa idea, pero pertence ao PSdeG de Santiago e foi dúramente atacada xusto antes da campaña electoral) ou á recente defensa xunto a Ánxel Currás do Metro Lixeiro como sistema de unión con Lavacolla ou Bertamiráns (Que tamén era o formato defendido polo PSdeG, fronte á imposible unión directa da cidade co Aeroporto mediante AVE que defendía o PePé). Como vedes, poucas ideas propias, e as que teñen, son malas.

Co goberno do Partido Popular de 2011 comeza a Longa Noite de Pedra Compostelana.


PUBLICADO POR CARLOS AGOSTO - 4 - 2011

Comenzou onte, na capital de Galicia, unha nova edición do Festival Feito a Man. Este evento leva celebrándose dende fai nove anos na cidade compostelana gracias a labor da Asociación Cultural Cidade Vella que mostra cada ano as inquedanzas dos composteláns no campo da música (rock, pop, alternativa, jazz) e do teatro.

No programa da primeira xornada, estaban anunciadas as actuacións da banda compostelana Matto Grosso, os arxentinos Super Ratones e unha sesión de DJ a cargo de Andrés Villasenín.

Pero lamentablemente, o único protagonista da noite foi o novo rexidor da cidade, o excelentísimo Xerardo Conde Roa, que decidiu unha hora antes do comenzo, mandar uns pobres axentes da Policia Local a prohibir a Asociación Cultural vender alcohol nas barras do recinto despois de nove anos de non ter ningún problema o restrición con ese tema.


O rexidor, escudase no cumplimento da ley, en canto a que non se pode vender alcohol na rua. Pero olvidase que esto é un festival organizado por una asociación cultural da cidade, composta por empresarios da cidade, que dinamizan a poca oferta cultural que ofrece Santiago de Compostela como capital dun país grazas a actividades como o Feito a Man.
Era triste moi triste o ambiente vivido onte na Praza de Cervantes, sitio emblemático como fonte de cultura, e cuns axentes de policia que sentian vergoña da orden dada polo novo goberno municipal.

Os integrantes da asociación subiron tra-la actuación dos Matto Grosso a comunicar o numeroso publico (que non entendía nada) o motivo de que non se servise nada nas barras e de que houbera municipales por toda-la praza informando/intimidando sobor o posible delito a cometer si se consumía fora das terrazas. Por respeito ós músicos, desenvolveuse o programa da primeira xornada de igual maneira. A día de hoxe, A.C. Cidade Vella está negociando una salida para no ter que suspender o festival, xa que gracias as barras financiase os gastos que xenera un festival tan arraigado na cidade"

Co

No hay comentarios:

Publicar un comentario