viernes, 17 de septiembre de 2010

Liberados ou Adicados

E digo eu que iso de reducir o número de delegados sindicais con dedicación exclusiva ule un pouco a "quitar vixilantes".

O que a sociedade necesita realmente é que éstos cumplan efusiva e minuciosamente a súa labor; Defender os dereitos dos traballadores. Por iso, se certas fallas no desempeño da súa laboura son xa parte do suspicaz acervo cultural deste país, o lóxico pensando coma integrante desta base social é que se busque o seu óptimo funcionamento.

As principais reclamacións que bulen no imaxinario colectivo dos cidadáns son duas:

1.- Non son efectivos pois son unha engranaxe da patronal.

2.- Apovéitanse de tódolos vericuetos dos convenios, traballan para si mesmos e non dan pancada.

A segunda explica a primeira.

Unha forma de garantir que os liberados adiquen o seu esforzo pleo ao desempeño da sua encomiable labor é que sexan os seus defendidos directos, a cuota de traballadores que teñen asignados, os que auditen os resultados destes seus representantes e valoren si necesitan de máis ou menos tempo para conseguir o funcionamento óptimo do seu servizo á comunidade.

Desta forma reenfócase o traballo dos nosos "coidadores laborais" e aseguramos que as condicións nas que desenrolan a sua tarefa son revisadas operativamente.
Porque, Deus me libre!, que se fará nas empresas si se reduce o número e persoas que velan polos nosos dereitos?

- Ofertárán os empresarios de motu propio os cursos de formación que xa non dan?
- Farán as revisións médicas que se firman sin ser realizadas a día de hoxe?
- Acotarán voluntariamente as xornadas laboráis ao pactado contractualmente?
- Valorarán os dereitos dos traballadores antes do seu interés lucrativo?.

A experiencia dime que non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario