lunes, 24 de agosto de 2009

O Incremento da Motivación

Para INCREMENTAR A MOTIVACIÓN dos individuos (uso o termo individuos, porque son os elementos que conforman todo grupo, sexa sociedade ou partido), creo que hai dous campos de actuación nos que se debería incidir.

1.- A Mala imaxe da clase política e das institucións. Se non se mellora este apartado, todo canto se faga se verá empañado, desvirtuado... e perderá o valor que coa Democracia Participativa tratamos de xerar. É fundamental facer un esforzo en transparencia para que os individuos aporten libre e concienzudamente ó seu traballo a un ben común como é o benestar social.

2.- Aportarlle sociedade o que realmente precisa e lle interesa. Si pretendemos ser os mellores xestores posibles debemos facer un esforzo e localizar e potenciar aqueles aspectos que de verdade reportan maior valor engadido ó seu conxunto. Saúdos a todos!!!

jueves, 13 de agosto de 2009

CUSTO DE PARTICIPACIÓN: ¿Como reducilo?

No tocante ó CUSTO DE PARTICIPACIÓN (empezo por éste porque é máis sinxelo), para reducilo, a nosa labor é clara. Para reducir o CUSTO ENERXÉTICO DE PARTICIPAR temos que acercar ós individuos aqueles plans, plataformas, asociacións, canles, actos... que lles interesen, que lles son útiles e necesarios. Facerlles saber que existen e simplificar na medida do posible o acceso a eles nesta "sociedade informacional" (E-participacion, Clelia Colombo Vilarrasa). A auténtica dificultade no ámbito dos costes reside no CUSTO DE OPORTUNIDADE. Demostrarlle ós individuos que participar merece a pena. Para reducir o CUSTO DE OPORTUNIDADE da participación non valen senón os feitos tanxibles de que si aporto “algo”, e sumado o “algo” que aportan os demáis, chégase a unha decisión conxunta superior que engloba o traballo de tódolos partícipes e que logo, a través da administración retroalimenta de novo á sociedade dunha maneira máis eficaz.

lunes, 3 de agosto de 2009

3.- Motivación e custo de participacion - Continuación

Se damos por feito que algo nos interesa nalgún grao (motivación), a variable que pode decidir si facemos algo ou non no tocante a ese tema é o custo de participar. Porque todos queremos salvar bosques... pero ir ó amazonas é moi caro... pero si envio os cartos a unha ONG é máis sinxelo para min... e ahi xa hai xente que está suficientemente motivada como participar activamente; Existen moitos estratos e moitas personas, e o importante coma incentivadores da participación é localizar eses niveles para facilitarlle a xente o feito de aportar directamente algo na sociedade á que pertence. Para polarizar estes dous factores en aras de aumentá-la participación (é dicir, para aumentar a motivación e disminuir o custo da participación), existen moitísimas estratexias. O próximo día centrareime principalmente naquelas que son comúns tanto en grupos sociales amplos, véxase a población dunha cidade, a nosa, Santiago de Compostela, coma para grupos máis pequenos coma poderían ser calqueira das fromas asociativas. Unha aperta compañeiros!!