lunes, 21 de septiembre de 2009

viernes, 11 de septiembre de 2009

Novas da nosa Agrupación

Hola a todos e a todas:

Supoño que xa estaredes ao día das novas que afectan á nosa Agrupación, e que dito sea de paso, unha vez máis se "filtran" antes de que a nosa militancia coñeza as razóns de primeira man...

Aquí vos deixo os enlaces directos:

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/rama-abandona-ejecutiva-local-psoe/idEdicion-2009-09-09/idNoticia-465755/

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/rama-hay-gente-partido-puede-hacerlo-mejor/idEdicion-2009-09-10/idNoticia-466097/

Un saúdo

jueves, 10 de septiembre de 2009

A gratuidade dos libros de texto é un dereito,DEFENDEO¡¡

Eu só digo que toda decisión política ten unhas consecuencias con beneficios económicos para algún sector.
¿A quén beneficia esta medida?
A os pais con menos recursos? penso que non, pois xa os tiñan gratuítos.
¿A os alumnos? En qué, pois a únicas ventaxas que poido imaxinar é que poderán garabatear neles e ó finalizar o curso poderán chimpar os libros á cacharela de S. Xoán
¿Os profesores? non vexo ningunha razón.
¿Ó conxunto da sociedade por aforrar cartos públicos? Mentira, nos orzamentos se verá o incremento de gasto desta medida.
¿ A EDITORES E LIBREIROS?
SÍ ... ahí si vexo claramente un sector moi beneficiado.
Fernando

jueves, 3 de septiembre de 2009

Do incremento da participación; Exemplos e Conclusións.

Moitas son as razóns para poteciar este campo, e moitos os exemplos xa levados a cabo; A Organización horizontal nas empresas, os grandes exemplos das punteiras Microsoft e Google cos seus aportes libres de ideas entre a empresa e os traballadores, a propia tendencia da evolución da democracia cara a unha democracia máis participativa, sobre todo nos ámbitos municipáis das sociedades máis avanzadas, posto que para eso se creou a política municipal. Para interactuar coa cidadanía na toma das decisións.

É innegabable que incrementar a participación dos individuos dentro de calqueira grupo mellora a calidade das decisións, dalle maior valor ó grupo que a implementa como modo operativo, fai os individuos se sintan responsables das súas aportacións e reforza a sensación de pertenza a un ente maior co que o benestar social se ve mellorado.

José Ramón Sande Veiga.

P.D: Con este post termino unha serie de escritos sobre o porqué da necesidade de incrementar a participación. Espero que disfrutarades léndoos e que aportaran un pouquiño de luz sobre o tema. Unha aperta a todos!!