martes, 26 de enero de 2010

Potenciación Vs Discriminación Positiva.

“O idioma e un fín en si mesmo”... é unha frase á que non fun quen de atoparlle todo o sentido ata hai pouco.

Dende unha perspectiva de marketing resulta unha frase moi impactante, pero resulta que desgraciadamente hai quen asume esta frase como obxetivo vital, sin decatarse que dese xeito poida resultar contraproducente e atacar ó fin que quere defender.

Estamos a ver a división que está a provocar esta idea na maioría dos países onde conviven mais dunha lingua (non somos orixinais nin os únicos en esta cuestión)

Hai xente, por desgracia, que pensa que nunha terra só debe haber un idioma. Aqueles que sinten que o seu idioma e unha barreira que os separa e diferencia dos que non o falan supoño que nun ansia infantil por diferenciarse dos demaís e pertencer a un grupo determinado.

Algúns coma min pensamos que o idioma sobre todo ten un fin último que é o da COMUNICACIÓN entre persoas. Tamén é un vínculo marabilloso co que sentirnos parte dun colectivo, país, terra, nación, una parte intrínseca de cada ún que te xunta cunha multitude de persoas simplemente por coñecelo, é ademáis un ben cultural que temos que protexer porque tamén ten vida propia e temos a obriga de coidalo e facer que perviva o maior tempo posible asuminto asimesmo que como todo ser vivo nace crece reprodúcese e ó final inevitablemente morre, pero que si poden ser mil anos que non sexan novecentos noventa e nove os que viva.

Na teima da protección e promoción do idioma xurde a idea de DISCRIMINACIÓN POSITIVA. Falar de discriminación positiva e como falar de subir arriba ou baixar a baixo.

A discriminación na súa propia natureza é sempre beneficiosa (positivo) para úns e negativa para outros.

Si o que queremos é potenciar un determinado obxetivo haberá que tomar medidas de apoio e axuda, medidas favorecedoras do fin que se quere obter, pero sin discriminar a ninguén nin positiva nin negativamente.

Deste xeito penso que o grado crecente de tensión social que se está dando por causa de estas mal entendidas medidas de discriminación positiva co eido de potenciar un ben cultural en perigo non se terían dado, xa que veñen dadas precisamente por unha situación de discriminación.

Cada día milleiros de nós atopámonos con xente que falan galego ou castelán e según cadre no contexto falamos alternativamente nun idioma ou noutro.

Si temos en conta que na nosa comunidade esta é a realidade social mais extendida, ¿porqué insistimos en querer inventar a roda cuadrada?

¿Porqué intentar facer experimentos si estamos a ver a solución de xeito espontáneo todolos días na nosa sociedade?.

¿É tan difícil pensar que esto poida ser o exemplo a levar ás aulas?

Entendo que se POTENCIE a utilización do galego por ser unha lingua que o necesita, pero o xeito ten que ser a través do ESTÍMULO POSITIVO e non a través de sistemas discriminativos que ó fin resultan contraproducentes.

Por poñer uns exemplos

O alumno que fai o exame en galego, que teña un punto engadido no seu exame.

O exame de oposición que se faga en galego, que exima da proba de galego.

O cine que se proxecte en galego, que teña a entrada mais barata.

O libro de texto en galego, que sexa gratuíto.etc. etc.

Este tipo de medidas sí entendo que sería potenciación positiva porque non atentan contra a liberdade de ninguén nin menoscaba os seus dereitos, simplemente premian un obxetivo a cubrir pero sin obrigar a ninguén salvo na OBRIGA que temos todos de COÑECER os dous idiomas nos que nos criamos todos os galegos e as galegas e por suposto o DEREITO A UTILIZAR calqueira deles, ou os dous.

A potenciación mediante recompensas do tipo que sexan sempre será mais efectiva que as imposicións de calqueira tipo inda que vaian disfrazadas co nome de “discriminación positiva”

Busquemos o estímulo positivo e deixémonos de discriminacións, mais propias de siglos pasados, que xa estamos nun novo milenio

No hay comentarios:

Publicar un comentario