sábado, 9 de enero de 2010

O Ciclo de vida dos Productos

En toda organización de factores, empresa ou conxunto de persoas que traballan en prol dun obxetivo máis ou menos consensuado, os resultados van a marcar o devenir do proxecto. Neste período de crise, co escenario psico-social que nos plantexa, son se cabe máis importantes porque é un período de amenazas e oportunidades.

As amenazas sempre tiveron unha preeminencia no subsconsciente conservador, de supervivencia, e poden chegar a condenar un futuro de crecemento a través de decisións a corto plazo que tratan de controla escenarios adversos.

Segundo a teoría do ciclo de vida dos productos, estes poden estar na etapa de INTRODUCCIÓN (no mercado), cando hai un producto novo no que se debe facer unha forte inversión porque se cree no seu potencial. Un producto nesta fase chamaríaselle UN INTERROGANTE.
Na etapa de CRECEMENTO, cando as ventas e resultados confirman que o poducto é ventaxoso mediante a amortización do invertido; Un producto nesta fase sería moi probablemente unha ESTRELA.
Na etapa da MADUREZ, cando o producto con pouca inversión en mantemento sigue producindo rendementos suficientes como para mantelo chamaselle unha VACA (moi galego non eh?);
E a etapa de DECLIVE, cando o producto non é rentable e se decide substituír por outros que aporten neta e positivamente ó balance da empresa. Tristemente ós productos que se sitúan nesta etapa de producción chamanselle CANS.

Ningunha empresa vive dun só producto, porque todos eles, sexan da natureza que sexan, pasan por este ciclo de vida.

É por iso que para ser sostible, todo proxecto debe localizar e potenciar ás súas ESTRELAS de entre os INTERROGANTES, e non confiar nas VACAS todo o funcionamento do proxecto, porque si cando estas pasen a convertirse en CANS, non temos estrelas ás que seguir...

Non necesito rematar la frase non si?

Por eso creo na necesidade da participación, e aportar o pouco que cada un poida para facer proxectos sostibles e ilusionantes, proxectos novos que sexan capaces de renovar con pulos de estrela ás vacas vellas e secas que xa non dan máis leite. Porque a can fraco todo son pulgas.
Queremos participar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario