martes, 19 de enero de 2010

O PP, o Partido que Parte a Galicia en Pedazos

Nos 10 meses escasos da volta dos conservadores ó timón de Galicia, tivemos que ver coma se facían coa nave cunha campaña baseada no enfado e os slogans manipuladores (Audis de Touriño e foto de dous anos antes de Quintana en iate); Apareceron con forza coas premisas dunha plataforma, Galicia Bilingüe, que ahora se sabe que está orientada polas FAES de Aznar e creada por xente con experiencia en campañas anti-linguas autonómicas do Pais Vasco.
É dicir, que antes de gañar as eleccións, a súa estratexia baseábase en enfrontar ós galegos a uns con outros, e asi, a río revuelto... Ganancia de PPescadores.

En canto comezaron a tomar decisións sobre os aspectos que rexen a vida dos galegos, a cousa non cambiou moito; Fixeron crecer a fenda das desigualdades sociáis; O xóvenes pais e nais pasan a ter un GASTO FIXO ANUAL DE 200€ EN LIBROS que co goberno do PSdeG non tiñan porqué facer. Iso na vida escolar da familia supón disminuír en máis de 1200€ euros o patrimonio familiar por cada neno.

Tamén lle meteron a man ós comedores escolares; "¿Que era iso de pagar despois de comer? Paga por anticipado a cuota íntegra, e espérate uns meses para que te devolvamos o que non consumiches!"

Total, que se volve a separar entre os galegos con menos recursos, e necesitan coidar da súa economía, e os máis acomodados, que non soen necesitar destes servicios.

Co borrador do decreto do galego, volven a dividir Galicia, xa non en dous!, senón en tres.

Un borrador que di que o galego pasará dunha presencia do 50%, paritaria, equitativa, respetuosa, a un 33%(¿danlle igual peso a un idioma extranxeiro que a dúas linguas oficiais do Estado?). Eso sin meternos en que un borrador que se auto-anula asi mesmo na disposición adicional primeira dicindo que "non se aplicará mentras non haxa presuposto"... Volve a ser unha lei vacía, sin intención de que se aplique. So é para dividir ós galegos.
A última estrataxema dos PPoliticos do PP consiste en afundir ó Xacobeo, e con isto, ó goberno socialista do Santiago de Compostela (o igual que fixeron en Vigo, colocando a Corina Porro en Portos de Galicia, para ir desgastando a imaxe de Abel Caballero ate que consiga arrapiñar o posto que perdeu nas últimas eleccións locáis de Vigo).

Con Santiago de Compostela, o goberno da xunta de Galicia encarnízase especialmente, porque unha cidade moderna, Capital de Galicia, e cun goberno socialista... non lles interesa demasiado. Hai que derribar ese bastión!

Nas últimas semanas vimos como para o Ano Santo Compostelano repartían contratas nos aeroportos, sendo o de Santiago o que menos axuda recibe, e sendo a maior parte das liñas novas que comunican con Compostela adxudicadas a Vueling (Na que está Piqué do PP)

Tamén existen axudas, actualmente, para a organizacións de congresos, tendo maior posibilidade que chas concedan sempre que sexa fora de Santiago.

Neste intre asistimos ós Spots e campañas do Xacobeo, nas que curiosamente tampouco se menciona a Compostela, cousa ben curiosa posto que ésta festividade está orquestada ó redor da cidade, unha das 5 cidades santas recoñecidas polo vaticano.

Santiago de Compostela é o hipotálamo de Europa; O eixo vertebrador ó redor do que foi crecendo europa a través das peregrinacións durante centos, miles de anos!

Agora, os Compostelanos teñen que defenderse deste tratamento dispensado pola Xunta do señor Feijó009, co que os Populares volven a intentar unha estratexia de ruptura, de división, de polarización, de debilitamento.

Enfrentar a Santiago de Compostela con outras cidades, desgastar a entidade dunha cidade cosmopilita e internacional, que convive coas manifestacións dos sectores descontentos coa xestión do PepedeGe, que historicamente abrazou a persoas chegadas de todo o mundo, que como capital da nación galega debería poder dispor dunhas infraestructuras suficientes para poder xestionar administrativamente a nosa relación co resto do mundo...

Parece ser, que coma Feijoo9 non ten capacidade de xestión suficiente, non ten carisma nin peso político ningún, non crea senón destrúe, como estratexia para poder manipular ó seu gusto os restos dunha Galicia feble.
non queremos que iso suceda!, e por iso animamos a toda a sociedade a que participe dos movementos asociativos e que defenda activamente os seus dereitos como pode facer na manifestación e folga do día 21 en Santiago de Compostela

Dividir e desgastar a un pobo non pode traer nada bo para nós, mellor pensemos en termos de progreso social!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario